Manuel Cortés
Actor, escritor (Vilardevós, 1966)
Entra en contacto con Chévere no ano 1992 facendo unha substitución en Río Bravo. Desde aquela traballou como actor en case todas as producións da compañía ata 2014, destacando Big Bang (1992), Annus Horribilis (1994), A Rutina é o deber de todas as criaturas (1998), hero.es (1999), Río Bravo 02 (2002), Tentacular (2006), Citizen (2011), Eurozone (2013), Divinas Palabras Revolution (2018). Forma parte do equipo da Ultranoite desde os seus inicios (1993-2018) e ten participado como actor noutras producións do CDG.
Combina a súa faceta escénica coa audiovisual. Como actor protagonista en As Leis de Celavella (52 capítulos 2ntre 2002-2004 para TVG), Pepe o Inglés (28 capítulos entre 2005-2006), O ouro do tempo (2011) e Rafael (2007) de Xavier Bemúdez.
Como actor secundario en O lápis do carpinteiro (2011), de Antón Reixa (2001), Crebinsky (2008), de Quique Otero, Doentes (2010) de Gustavo Balza, Vilamor (2011) de Ignacio Vilar, Invasor (2011) de Daniel Carpalsoro, Libro de Familia (entre 2007-2011) TVG, Matalobos (2011) TVG, El tiempo entre costuras (2012) Antena 3, Gran Hotel (2013) Antena 3, El Ministerio del Tiempo (2015) TVE, O sabor das margaridas (2018) TVG.
Como escritor ten participado na escrita de moitas obras do grupo Chévere (Eroski Paraíso, As Fillas Bravas, Viaxe ao País dos Ananos, Eurozone, Citizen, Alá no fondo hai sitio abondo, Radio Universo, HumANA) e doutras compañías, artistas e grupos como Voadora, Redrum, Antón Coucheiro, Mofa e Befa, Cía. De María, Xosé Manuel Budiño, Os Quinindiola e Nicho Varullo.
Tamén escribe para televisión (Land Rober, A Casa da Conexa, Escoba, Libro de Familia, Pepe o Inglés, As Leis de Celavella).
Ten publicados dous libros de poesía: A rutina é o deber de todas as criaturas (1997) e Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (co colectivo Ronseltz, 1994).