Audioguía ficcionada en Fisterra
- Idea e creación: Chévere
- Dramaturxia e dirección: Xron
- Escrita: Xron, Manuel Cortés
- Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo
- Produción: Promove Consultoría
- Postprodución de son: Son Pedrouzos
- Voces: Marta Lado, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Víctor Mosqueira, Ricardo de Barreiro, Tone Martínez, Alba Bermúdez, Xron
- Documentación: Xron
- Tradución: Chévere , Interlingua
Unha produción de Chévere en co-produción coa Confraría do Pindo, co apoio dos concellos de Carnota, Dumbría, Fsterra e o GALP Costa da Morte. O noso agradecemento á veciñanza de Fisterra e de Sardiñeiro que compartiu con nós as súas historias de vida, especialmente a Manolo Martínez. https://contosdomar.com
Esta audioguía ficcionada forma parte de Contos do Mar, un proxecto participativo que quere poñer en valor o patrimonio inmaterial vinculado á cultura mariñeira. Unha iniciativa da Confraría do Pindo e dos concellos de Carnota, Dumbría e Fisterra, que conta co apoio do GALP. O obxectivo é achegar un retrato sonoro do territorio e da forma de vida da poboación nos últimos cen anos. Produto dun coidado proceso de documentación identifícanse feitos, personaxes e espazos representativos da historia cotiá, para transmitir a idiosincrasia e a esencia do lugare escollido: a vila de Fisterra.
Esta é unha invitación a realizar un paseo autoguiado, que se pode facer en grupos pequenos, en parella ou individualmente e sen concertar cita previa. As audioguías son relatos ficcionados e teatralizados, sempre ligados aos espazos polos que discorre o paseo, posibilitando unha inmersión emocional na paisaxe, nas voces e nas historias locais. Só tes que acudir aos puntos de información municipal indicados para cada concello e solicitar os auriculares necesarios para o paseo. Una vez postos, segue as indicacións que están gravadas e xa podes empezar a andar.
FISTERRA
Fisterra é o Cabo da Fin do Mundo e a necesaria prolongación do Camiño de Santiago, pero sobre todo é unha vila que non renuncia ao seu carácter mariñeiro. Na compaña dun imaxinario programa de radio, atravesaremos rúas, prazas, calellas, praias e castelos descubrindo relatos, personaxes, sucesos, oficios e curiosidades que permanecen asociadas a eses lugares. Historias case sempre ligadas ao mar, á pesca, ao tráfico marítimo e ao simple feito de vivir rodeada de océano.
• Punto de saída: Punto de Información Turística/ou/Albergue de peregrinos
• Punto de chegada: Praia de Corveiro.
• Distancia: 1.350 m.
• Duración: 48 minutos.
• Dificultade: baixa.