Sexo, mentiras e códices calixtinos
- En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Xron
- Dramaturxia e dirección: Xron
- Escrita: Manuel Cortés, Miguel de Lira, Xron
- Vestiario: Chévere
Agradecementos: Pepe Penabade
Chévere estreou este proxecto de teatro por habitacións respondendo á proposta do espazo de microteatro de Santiago de Compostela "A regadeira de Adela".
Catro personaxes relacionados coa trama do tan sonado roubo do Códice Calixtino da catedral de Santiago de Compostela, expoñen o seu punto de vista sobre o asunto en cada unha das habitacións da casa. Durante dez minutos o público ten a oportunidade de observar moi de perto a un actor ou actriz, como respira, como fala sen imposturas. Para quen actúa, o público desaparece como tal e o que ten diante son persoas que miran aos ollos tan perto que impresiona. Unha experiencia que fai pender dun fío a convención na que se funda a comunicación teatral, que difumina ata o exceso todo tipo de cuarta parede. Moi recomendable, tanto para xente que queira actuar, como para a xente que queira observar.