Hero.es
- En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Xron, Manuel Cortés, Ramón Bermejo, Ángeles Lago, Terela Gradín, Xosé Vaamonde
- Dramaturxia e dirección: Xron
- Escrita: Manuel Cortés, Xron
- Gráfica: Fausto Isorna
- Espazo escénico: Chévere , Cristina Ferreirós, Marián González
- Fotografía: Mónica Suárez
- Vestiario: Chévere , Isa Seoane, Soco Seoane
- Arranxo musical: Ramón Bermejo
- Dirección técnica: Óscar Álvarez
- Deseños na rede: Emilio Villanueva
Nun marco temporal indefinido, toda a humanidade decidiu xa cal é o seu destino. ¿Toda? Non. Nun lugar non concreto do espacio coñecido queda aínda unha presa de irreductibles seres incapaces [por inconscientes] de abandonar o seu perpetuo estado de benestar e lanzarse ao camiño na busca dunha razón que dea sentido á súa existencia. hero.es está máis perto das secuencias cinematográficas, das escenas brechtianas ou das ventás dun web que dos tradicionais actos teatrais ou dos capítulos dunha novela.Non hai personaxes, non hai plantexamento, nó e desenlace: hai un comezo e un fin que non teñen nada que ver entre sí, e polo medio unha serie de acontecementos para seren entendidos do xeito que cadaquén considere oportuno. Por iso, recortes tan dispares como un cabaré, un monólogo calderoniano ou unha farsa de corte sainetesco cohabitan, sen traumas, ao longo de toda a peza.