Valle Inclán Pirata
- En escena: Ana Saraiva, Carla Torres, John Eastham, Jorge Oliveira, José Rosa, José Rui Martíns, Paulo Leao, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xron
- Dramaturxia e dirección: Chévere
- Gráfica: Zé Tavares
- Produción: Fernando Rivero
- Música: Anxo Pintos
- Construción: Talleres Acert
- Escenografía: Nico Nubiola
- Fotografía: Paulo Leao
- Dirección técnica: Luis VIegas
- Esgrima: Carlos Vizcaíno
- Violinista: Alfonso
- Percusión: Álvaro Amigo
Unha co-produción de Chévere, Trigo Limpo e a Expo 98 de Lisboa.
Construír o teatro como espazo aberto, o horizonte como telón, o mar como palco, o texto como aventura. Abordar ao público no seu territorio creando unha zona de acción escénica temporalmente autónoma. O Valle Inclán Pirata é un escenario flotante dirixido pola xente do Trigo Limpo (Portugal) e do Chévere (Galicia) para o saqueo teatral da costa atlántica da Península Ibérica. Un espectáculo anfibio, navegable e nómada que se presenta sen aviso, pasa e conta sedutoras mentiras que se fan realidade.
Un espectáculo feito a bordo dunha goleta do século XIX restaurada para a ocasión: o Valle Inclán. O periplo duns piratas galego-portugueses por toda a costa atlántica peninsular que os levou desde o Algarve portugués, recalando na Expo de Lisboa, Cangas e Muros ata a cidade da Coruña. En cada un deses sitios, o grupo galego Chévere e o portugués Trigo Limpo levarán a cabo unha serie de accións en terra e no mar agrupadas en tres bloques:
- A busca do tesouro. Unha acción desenvolvida en terra, consistente na pesquisa do territorio, guiados por un mapa, ata conseguir o seu obxectivo.
- A visita ao barco. O público, en grupos reducidos, vai visitando o interior do barco para asistir á vida cotiá a bordo. Piratas comendo, bebendo e divertíndose e mesmo un xuízo xenuinbamente pirata serán algunhas das cousas que poderán contemplar.
- O retablo. Unha peza teatral que tén por escenario a cuberta do barco e que compendia todo o espírito pirata dos filmes e as novelas que configuran este xénero, pirateando en galego algúns textos de Valle Inclán.