Teatro
Big Bang
Data de estrea:
15-10-1992
- En escena: Miguel de Lira, Xron, Mónica García, Manuel Cortés, Blanca Cendán, Claudia Campos
- Idea e creación: Chévere
- Dirección: John Eastham
- Músicos: Fran Pérez, Pepe Sendón, Xavier Olite
Unha co-produción de Chévere e a Nasa, co apoio do IGAEM.
O Big Bang non é o principio do universo. É a explosión alucinante da mente de Joquin e a materialización onírica das súas obsesións sobre un escenario: a física, deus, Einstein, os furados negros, as mulleres, as estrelas enanas brancas, o refugallo galáctico, o tempo, o espazo... Por unha vez o racionalismo científico sucumbe ante o poder da fantasía e a risa. A mente en branco. Nada de números. Déixense transportar nunha viaxe absurda polo espazo e o tempo ata a fronteira final. Ese instante entre o soño e a nada onde todo é relativo.