Teatro

Citizen III (wii economía)

Data de estrea: 27-01-2011

Unha produción Chévere, compañía residente na Sala Nasa. Co apoio de: AGADIC, Concello de Santiago de Compostela, INAEM.

O século XXI empeza coa crise máis profunda do capitalismo. A especulación sen control, o crecemento infinito e a globalización sen límites levan ás principais economías do mundo ao colapso financeiro a finais de 2008. Neste contexto reaparece A.O., contemplando en primeira liña como o seu imperio multinacional está a piques de desaparecer e descubrindo que un dos responsables do desastre pode ser o seu propio fillo, o que fai abrollar a memoria daquel lonxano encontro con Sara.