Xacobe Martínez Antelo
Músico, técnico de son (Compostela, 1976)
O primeiro contacto con Chévere foi como músico nunha Ultranoite no ano 2000. Posteriormente fíxose cargo da posta en escena da música de Rio Bravo 02. Desde entón é un colaborador estable do grupo en asuntos técnicos, sonoros, audiovisuais e musicais da compañía en prácticamente todas as montaxes ata a actualidade.
Premios
Premio María Casares Mellor Música Orixinal por Citizen 2011. Premio María Casares Mellor Música Orixinal por Ultranoite no País dos Ananos 2015.
http://www.xacobemartinezantelo.com/