Data de estrea: 13-10-2016

Unha produción sementada na Berberecheira co apoio do Concello de Teo e Agadic.

Alberto Ramos
Praza, 07 outubro 2016
A gran descuberta da insubmisión é que a desobediencia é un comportamento totalmente cívico.

Ana G. Liste
Faro de Vigo, 14 decembro 2016
A loita dos insumisos da "mili" en primeira persoa.

Hernique Mariño
Diario Público, 19 setembro 2017
Goldi Libre, autorretrato de un insumiso

Javier Vallejo, El País, 04/10/2017
El País, 4 outubro 2017
Yo fui objetor de conciencia




Teatro sobre o movemento de Insumisión

Un proxecto de teatro documento a partir da memoria, a experiencia e o testemuño de César Goldi, actor, que en 1993 foi condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria e cumpriu a súa condena no cárcere da Coruña. Un dos proxectos da Berberecheira, o criadeiro teatral custodiado por Chévere para ampliar a documentación escénica de feitos e historias que deron e dan forma ao mundo no que nos tocou vivir.

Goldi libre é un traballo sobre o movemento de insubmisión dos anos 80-90 do século XX en España, sobre as persoas que formaron parte do mesmo e sobre a súa exitosa estratexia de desobediencia e confrontación non violenta co aparato do Estado.

O valor documental e o valor testemuñal son dous factores clave de diferenciación que fan desta unha obra única, porque expón a vida persoal dun actor, porque leva o real ao escenario, porque ofrece abertamente unha verdade e non só unha apariencia de realidade. Dende unha perspectiva autocrítica, distanciada e irreverente, a obra ofrece ademais unha panorámica desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX, cuestionando algúns dos mitos da loita antimilitarista.

Trátase por tanto de conectar a memoria individual coa memoria colectiva dunha xeración e co imaxinario dunha época a través dun dispositivo especificamente teatral. Documentar escénicamente un dos primeiros e máis fortes movementos de desobediencia civil xurdidos despois da Transición en España, que levou a centos de mozos ao cárcere como presos de conciencia e que tivo como consecuencia inmediata a suspensión do servizo militar obrigatorio despois de máis de 150 anos de vixencia.

O noso agradecemento ás persoas que acompañaron o proceso de creación desde a Berberecheira: Arantza Villar, Borja Fernández, Iván Marcos, Miguel de Lira, Mónica García, Manuel Cortés. E a todas as persoas que contribuíron a documentar os feitos que se narran e o contexto xeral no que se desenvolveu o movemento de insubmisión en Galicia: Paco, Duarte, Ernesto, Peñaño, Martazul, Modesto, Santi, Quico, Suso, Andrés, Ramiro, Luigi, Firmino, Regina, Susana, Xoán Manuel Pérez Lema, Carlos Blanco, Roi Vidal, Suso de Toro, Piñol, Roberto Salgueiro, Cristina Domínguez...