Lucía Estévez
Espazo audiovisual (Vigo, 1994)
Directora audiovisual galega interesada no traballo actoral na ficción. Estuda Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e na UCP de O Porto, onde profundiza no eido artístico-plástico cunha beca Erasmus. O seu interese como creadora céntrase na danza e o movemento dentro de escena e na dirección actoral. Dende que remata os seus estudos en 2016 traballa con diferentes produtoras audiovisuais (Mod Producciones, Frida Films, Voz Audiovisual, Esnatu Zinema, Cósmica Producións) e compañías teatrais galegas (Incenciaria, Eme2, A Quinta do Cuadrante, La Quintana Teatro, Grupo Muxicas). Entra en contacto con Chévere no proxecto Curva España, primeiro para documentar o proceso de traballo de campo e posteriormente para entrar en escena e facer en directo a realización da historia.
Premios
Premio CREA 2019 Mellor Dirección pola curtametraxe “Arrolo”. Premio á Producción en Carballo Interplay 2019. Mención especial do xurado Festival M de Cine de Meira 2018. Premio María Luz Morales 2018 polo videoensayo Muller Personaxe. Mellor curtametraxe e Premio do Xurado de Festival We are Ads 2016 por "Change de Tune".