Yoseba MP

Joseba Muruzábal, alias Yoseba MP, é un artista de Cambre afincado en Santiago de Compostela, que está a revolucionar o muralismo en Galicia, tanto pola mestura de estilos realistas con influencias surrealistas, como pola súa reivindicación das avoas rurais galegas como superheroínas, dotadas de poderes sobrehumanos a través das súas pinceladas.

A súa traxectoria profesional está pragada de recoñementos e galardóns: gañador do certame de Novos Valores da Deputación de Pontevedra (2009), mellor artista galego na Bienal Eixo Atlántico (2010), primeiro premio do V Certame de Pintura Arte Nova Galega (2012), así como numerosas participacións en mostras, exposicións itinerantes, cursos e exposicións.


Proxectos nos que traballa Yoseba MP