Teatro

Servizo Discrecional

A primeira obra de Chévere naceu antes de que a compañía tivese nome, como resultado dun obradoiro guiado por John Eastham e Miguel de Lira para o alumnado da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo. Sen se decatar, o obradoiro transformouse nunha produción na que participaron diversos departamentos da escola e que houbo que rematar de ensaiar na Casa Simeón, un antigo almacén abandonado que serviu de espazo de traballo para a comunidade local de artistas durante un breve período de tempo. A estrea fíxose na Praza dos Bombeiros, detrás da escola, convocando unha boa representación do estudantado universitario daquela época.