Máis alá da Ultranoite: crónica canalla do cambio de milenio (1993 - 2013)
- Deseño gráfico: Fausto Isorna
- Editorial: Chévere
- Colección: Ultratextos documenta
- Edición a cargo de: Xron
Despois de 21 anos e despois de tantas Ultranoites distintas --xa máis de 100-- chegou o momento de facer un alto no camiño e documentar os números que foron facendo a historia desta singular experiencia de autodeterminación teatral. Porque a Ultranoite non é un espectáculo máis, senón unha crónica bufonesca irreverente dunha época que marchou o paso de século XX ao XXI.
Mergullarse na memoria dos centos de números feitos para cada ocasión é perderse na intrahistoria das últimas décadas. Unha mestura de acontecementos políticos, de referencias ao calendario e a autores queridos ou odiados, respostas cómicas a leis e eventos culturais ou simples xestos de autoafirmación que radiografías a nosa memoria colectiva.
A Ultranoite é tamén un catálogo vivo das xentes do teatro galego e unha cita obrigada para milleiros de espectadores e espectadores cómiplices. Porque son poucas as persoas que non responderan algunha vez á chamada da Ultranoite. Unha chamada asilvestrada, feita con nocturnidade e alevosía.
Inclúe CD e DVD